lunes, 10 de marzo de 2014

A NOSA ÚLTIMA SESIÓN

Nunca fixera antes un resumo da nosa última sesión do Club con tantísimo retraso. Síntoo! Pero podedes crer que estou moi ocupadiño redecorando a nosa biblioteca. Ides quedar abraiados, espero, co que conseguimos. Logo de 50 anos co vello mobiliario estou coma un neno con zapatos novos. E iso que aínda temos que facer algo con aquelas vellas baldosas e aquela cor tan sosa da parede. Pero amodiño.
En fin, ao que ía. O pasado día 25 de febrero tivo lugar a consabida sesión do noso Club que foi moderada, esplendidamente, polo noso compañeiro Guillermo. O libro que nos convocaba era, xa o sabedes, Un home na oscuridade de Paul Auster. A análise que fixo o moderador da vida, da traxectoria do escritor neoiorquino e desta obra en particular foi moi completa e profunda. Deu pistas sobre o interese de Auster nos temas como a relación entre a realidade e a ficción, a enfermidade e a literatura, o cine e a narrativa.
E falando de cine, por iniciativa de José Carlos, Iñaki nos puxo un anaco da película Smoke na que o personaxe relata unha fantástica historia ao seu intelocutor.
Lástima que Pilar non se acordara de facer fotos para poñer imaxes a esta magnífica sesión. Xa vexo que non sou eu o único empanado últimamente. En fin, será que esta pensando na próxima presentación do seu maiordomo.