martes, 1 de octubre de 2013

O señor Ibrahim e as flores do Corán (Eric-Emmanuel Schmitt)



Momo é un adolescente xudeu, desorientado,e orfo do agarimo dos seus pais. Ibrahim é un tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado, cunha visión da vida marcada pola experiencia dos anos.Dous habitantes solitarios da rúa Azul,no París dos anos 60, traban unha entrañable amizade que trascende as súas respectivas crenzas. Un aporta vitalidade, o outro sabedoría...Máis que unha novela, «O señor Ibrahim e as flores do Corán» é un texto iniciático que apela ao multiculturalismo, á tolerancia e ao entendemento entre iguais. A súa lectura reconforta e reforza a nosa confianza na especie humana. Un relato sinxelo e áxil que nos abre a porta á esperanza sobre o futuro do mundo no que vivimos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario